ZUGUNRUHE
Duración: 70 minutos
Género: Teatro
Público: Tódos os públicos
A través das historias tanxenciais de tres personaxes, Zugunruhe amosa o fenómeno da ansiedade do movemento, que non só empuxa aos paxaros a dirixirse cara o sur en épocas migratorias, senón que tamén cambia o devir destes seres humanos do século XXI a través de improrrogables inquedanzas de cambio, máis aló de calquera orde racional, e moitas veces dictaminadas pola “comunidade” e pola construción dos seus desexos en semellanza ao ideal social.
Zugunruhe quere poñer en evidencia os síndromes da ansiedade contemporánea: a procura da imaxe da felicidade, o éxito virtual, a insatisfacción crónica.
Uns pacientes que se atopan nun río turbulento, unha gran Serpe Sen Ollos que lles empuxa corrente abaixo; arrastrando tamén, en moitas ocasións, a unha colectividade, a unha cultura ou unha maneira de ver a realidade. Servíndose da tecnoloxía escénica máis avanzada, introdúcese ao espectador en diferentes niveis de realidade e interacción coa acción teatral a través da Realidade Virtual e vídeo inmersivo 360º. Corpo+ Acción + Tecnoloxía
SINOPSE
Unha creadora de contidos porno inmersivo que viaxa con Telma e Louise, os seus paxaros. Un actor indeciso ante dúas portas de embarque: a da fama ou a dos ideais. Unha diva televisiva que, maquillando a súa infelicidade, terá que presentar unha gala de noitevella en Tierra de Fuego; Os tres, atrapados no aeroporto de Bos Aires debido a unha tormenta na última noite do 2019.Os tres experimentarán a síndrome do século XXI; O Zugunruhe.
Ficha Artística
Dirección e dramaturxia / Artesa Cía
Reparto / Laura villaverde, Roi Fernández, Noemi Rodríguez.
Control técnico en directo /Héctor Pazos
Voz en off: Marcelo Terreni
Coreografía / Rut Balbís
Escenografía / ArtesaCía
Iluminación / Héctor Pazos
Fotografías / Alfonso Merino
Vestuario / Artesa Cía
Produción/ Laura Villaverde
Videocreación / Roi Fernández
Cinema en directo / Roi Fernández
Espazo sonoro / Artesa Cía
Colaboran / AGADIC, Xunta de Galicia, Teatro Rosalía, Fundación, Luis Seoane, Concello da Coruña,
Residencias
O proxecto de ArtesaCía ‘ Zugunruhea‘ formou parte do programa de Residencias Técnicas, do Teatro Rosalía de Castro, A Normal, Fundación Luis Seoane e Espazo Extramuros.
Agradecementos
Joana Magalhaes, Tiago Alves, Eva Poveda, Oswaldo García
Estrea
Teatro Rosalía de Castro en a Coruña o 6 de Febrero de 2016
Xira
Web
Redes Sociales