216769859266696 216769859266696
top of page
ILLAS DESERTAS

Duración: 60 minutos

Género: Teatro

Público: Tódos os públicos

ILLAS DESERTAS válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural polo seu camiño vital cara a utilidade desas cousas inútiles.

A obra fai referencia directa ás ambigüidades do hoxe e logra arroxar luz nos recunchos escuros do incosciente colectivo. As historias que conta son narrativas irresistibles e universal, ademáis de intemporais: Un home comeza unha expedición cara a Antártida. Unha muller comeza unha volta o mundo en avión. O motivo? Necesitan seguir os seus soños, as súas paixóns, superar os seus medos e curiosidades. A obra fai unha profunda análise de por qué vivimos, en qué consiste a vida e por qué morremos. 

Os protagonistas desta historia fraccionada convidan ó público a través dos seus móbiles para subirse a bordo da súa expedición ás Illas Desertas. Esta viaxe dividida en etapas convértese nun acto poético, nunha experiencia, nunha fermosa aventura contemporánea no que se amosa outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.

ArtesaCía embarca ó espectadoor nesta aventura, con interrogantes, incerteza, entusiasmo e paixón. Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na procura de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrar na utilidade do  inútil.

SINOPSE

 

Cal  foi a túa última experiencia inútil?

Illas desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con  eses  territorios  ignotos que nos habitan interiormente e que buscan  salír á boia, cando a vida sacódenos, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle o tempo á morte con esta aventura? 

Espectáculo seleccionado para la red  de Salas Alternativas 2021

"Unha peza literalmente fermosa"

 Afonso Becerra, Revista Erregeté

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficha Artística

Dirección e dramaturxia / Laura villaverde e Roi Fernández

Reparto /  Laura villaverde, Roi Fernández​​, Susana Méndez, Héctor Pazos.

Control técnico en directo /Susana Méndez.

Coreografía / Artesa Cía

Escenografía / Esther Quintas e ArtesaCía

Iluminación / Héctor Pazos
Vestuario / Esther Quintas e Artesa Cía 

Produción/ Laura Villaverde

Fotografía / Alex Sobrino, Xisela Franco, Pedro Tizón

Videocreación / Roi Fernández

Cinema en directo / Roi Fernández

Espazo sonoro / Roi Fernández, Héctor Pazos

Música ao vivo / Héctor Pazos.

Distribuidora / Urdime
Programación interactiva para app móbil /Fundació Épica (La Fura dels Baus).
Colaboran / AGADIC, La Fura dels Baus, Colectivo RPM, Concello de Tui, Sala Ingrávida. Comunidade de Montes de Guillarei.

Residencias

Residencia Paraíso (Colectivo RPM)

Residencia Oasis (Colectivo RPM e Teatro Rosalía de Castro da Coruña)

Work in progress (Sala ingrávida)

Residencia Técnica Área Panorámica (Concello de Tui)

Impresións de Illas Desertas

Apoio

Sala Ingrávida, La Fura dels Baus, Concello de Tui, AGADIC, Xunta de Galicia, Sebastián Álvaro, Edicións da Feira.

Estrea

 

Teatro Municipal de Tui, 23 de Marzo de 2021

Xira 

Actividade Expandida

 

 

Descargas

 

 

 

 

 

 

 

Redes Sociales

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
bottom of page