Para Artesa Cía a súa sede é o seu laboratorio, o seu taller, o seu lugar de encontro e onde máis tempo pasan.
ArtesaCía fundouse en Nova York 2010-2012. Pero no verán do 2012 os seus fundadores (Laura e Roi) determinaron que Galicia era o mellor lugar para establecer a Compañía. No outono do 2012 comezaron a materializar a idea de crear un espazo propio, unha casa, un lugar onde colisionar artísticamente.
Dende o 2012 ata o 2016 Extramuros foi ese lugar, esa casa que lles proporcionou 4 anos de intercambios artísticos, clases, masterclass, un espazo de creación, de rede, un lugar tamén para pensar e vivir.
Despois deses 4 anos na Cidade da Coruña unha inundación fíxolles replantexarse un cambiar de espazo. En poucos meses atoparon un novo espazo, que lles obrigaba a cambiar de provincia. Este cambio substancial fíxolles recalcular o proxecto inicial de Extramuros pois xa non estaban nunha cidade senón nunha aldea de Galicia. Alí atoparon o lugar perfecto para crear "A Estraperlista" unha Asociación Artística e Cultural (en homenaxe a todas esas mulleres da raia).
A Estraperlista é a día de hoxe o lugar de creación da compañía.
EXTRAMUROS& A ESTRAPERLISTA
[Espazo de Colisións Artísticas]
EXTRAMUROS & A ESTRAPERLISTA é o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía, e da productora multimedia SrPause Cinescapismo. Inicialmente comezou na Cidade da Coruña, a día de hoxe a sede está na provincia de Pontevedra nun medio Rural, Guillarei.
EXTRAMUROS & A ESTRAPERLISTA [Espazo de Colisións Artísticas] é un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: obradoiros, masterclass, eventos extraordinarios ("Fora de portas"). Para tóda-las idades e niveis.
EXTRAMUROS & A ESTRAPERLISTA [Espazo de Colisións Artísticas] é un lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas.
EXTRAMUROS & A ESTRAPERLISTA [Espazo de Colisións Artísticas] E o espazo que os artistas Laura Villaverde e Roi Fernández necesitaron crear nun entorno rural.