216769859266696 216769859266696
top of page
CHOLA A IT GIRL

Duración: 75 minutos

Género: Teatro

Público: Tódos os públicos

CHOLA A IT GIRL é un homenaxe á "Muller Glocal", mulleres que pensan localmente para actuar de maneira global. Mulleres do rural, que forman parte desa estirpe de muller decisiva, que están un paso por diante da sociedade rural na que viven, polo seu inconformismo, talento, forza, rebeldía  e resistencia; pero tamén pola súa procura incansábel de posibilidades para cultivarse e aprender, pola súa teima e constancia por fuxir do que se supón que debería facer unha muller no rural.

 

CHOLA A IT GIRL nace da investigación polo miúdo da historia do termo "it ", e das diferentes mulleres que ó longo da historia tiveron a connotación de "it girls". Tamén do interese en recuperar, redefinir e actualizar a "it girl", que neste proxecto será unha muller imperfeita, espontánea e auténtica, que ten “iso”, ese plus de personalidade do que fala Kipling e Glyn, liberada de prexuízos e dos canons de beleza, amosando a plenitude que lle proporciona ser unha muller independente que loita pola súa liberdade. Unha muller no rural!

Dende este pulo de amosar a esa outra muller, que existe, pero que non ten visualización, nace  “Chola a it girl”.

No espectáculo, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose de humor. O aspecto diferenciador deste espectáculo é o seu formato, non é unha obra escénica, non é un programa televisivo, tampouco un monólogo cómico. É un armazón de empoderamento feminino onde o SHOW, o VÍDEO, a ACCIÓN , a MÚSICA e o TEXTO precíntanse cunha enerxía irresistible facendo que os 70 minutos que dure a peza estean cheos de diversión, reflexión e empatía.

SINOPSE

Chola, cansa de ver como a xente ofrecer unha imaxe marabillosa e perfecta de si mesmos nas redes sociais, decide mostrar a súa vida imperfecta, auténtica e rural, como? Pois cun show de empoderamento feminino, onde lle acompaña en todo momento o seu rectificado sidecar e o seu peculiar agroglamour.

 

Con exemplos prácticos e didácticos, mostrará os seus 10 tips , para poder converterse nunha it girl Glocal,( mulleres que pensan localmente para actuar global) facéndonos reflexionar sobre quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

O rural e auténtico tamén poden ser tendencia!

  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA

 "A obra de  Chola...é xenial. Intelixente, 
divertida, orixinal,  Chachi"  


María Xosé Queizán
 

—  Name, Title

 

 

Ficha Artística

Dirección e dramaturxia e interpretación / Laura villaverde 

Reparto /  Laura villaverde

Control técnico en directo /Roi Fernández e Susana Méndez 

Coreografía / Fran Martínez

Escenografía / Laura Villaverde e José Villaverde

Iluminación / Héctor Pazos
Vestiario / Carmen Carrera e Laura Villaverde

Fotografía / Pablo Nunes, Susana Méndez, Roi Fernández

Videocreación / Roi Fernández

Gravación e posporodución de vídeos / Roi Fernández

Espazo sonoro / Lucía Martínez e Roi Fernández

Intérpretes colaboradores nos visuais:  Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelma, Álvaro Iglesias, Simón Piñón, Héctor Pereyra, Megan Hanley, Raquel Espada.

Distribuidora Liliana Portela AMARELO Distribución Escénica 


Apoian

 

Agadic, Xunta de Galicia, Teatro Municipal de Tui,  SrPause, Comunidad de Montes de  Guillarei, CRMotos e José Villaverde.

Estrea

 

Teatro Municipal de Tui 20/10/2017 

Descargas​​

Merchandising

Actividad expandida

 

 

 

 

Impresións en Prensa

 

 

 

 

Redes Sociais

  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
  • CHOLA&LOLA
bottom of page