Chola&Lola
Género: Audiovisual
Público: Tódos os públicos
Chola é unha blogueira e Youtuber do rural galego 100% ecolóxica, ou tamén chamada unha it Girl rectificada. Tamén ten un taller mecánico, traballa no campo, pesca, cociña.... te un coche no que desenvolve a súa faceta de piloto de rallyes, no que sempre leva de copiloto á súa mellor amiga Lola, unha galiña.
A idea orixinal naceu para reivindicar o estilo de vida das mulleres do rural, e darlle visibilidade. Co lema:
Non somos perfectas pero sí auténticas!!!
O noso non é glamour: é agroglamour!!!!
Hoxe Chola&Lola, é un blog, unha canle de youtube, unha tenda de roupa online, e un espectáculo escénico "Chola a it Girl"
SINOPSE
Ola benvid@s á nosa BlogSerie. Somos Chola & Lola e pretendemos estar á altura das blogueiras + internacionais: pero sempre fieis ó noso estilo de vida! Auténtico, imperfecto e espontáneo . Para iso, gravaremos 10 capítulos onde vos contamos cómo alcanzar a felicidade con consellos 100% ecolóxicos.
¿ou é que o rural é auténtico non pode ser tendencia?
Ficha Artística
Idea Orixinal / Laura villaverde
Reparto / Laura villaverde
Produción/ Laura Villaverde
Fotografía / Roi Fernández
Videos, posproducción e grabación / Roi Fernández
Espazo sonoro / Roi Fernández,
Distribuidora / Urdime
Colaboran / Comunidade de Montes de Guillarei. Jose Villaverde, todas as veciñas e veciños de Guillarei !
Redes Sociales