216769859266696 216769859266696
top of page
BALOR

Duración: 80 minutos

Género: Teatro

Público: Tódos os públicos

Balor mestura un intenso traballo de investigación sobre a relación do feito migratorio coa creación de cultura e educación (máis de 4 anos de entrevistas, visitas a puntos migratorios, documentación histórica, etc), cunha coidada proposta audiovisual (videomapping, cine documental en directo), e a interacción actor-cámara-personaxe, conseguimos unha proposta innovadora no narrativo e formal á vez que conmovedora no contido.

A partir das reconstruccións actorais dos baleiros dun film, "Balor na acción dunha cadeira” revisa a nosa tradición migratoria máis oculta, reflexionando sobre a multiplicidade da historia, a educación, a cultura ou a relixión... a través dunha linguaxe contemporánea, unha posta en escena actual na que se combina o documental, Cine en Directo, o vídeo mapping, a iluminación e a composición sonora nun proceso de creación multidisciplinar. Un verdadeiro documental escénico.

Tres actores, un feixe de caixas e maletas nas que se mapean proyeccións que non só dan información ó público senón tamén ós actores. Unha enerxía intensa e colmada de responsabilidade. Accións frenéticas que se sustentan con partituras virtuosas. Textos históricos, filosóficos, contemporáneos, 3 idiomas. Unha hora de acción na que nada se oculta ó público asistente.

A peza descansa sobre unha escenografía de fina complexidade, que mestura instalación escénica con vídeo mapping e unha coidada iluminación.

 

A obra, estructurada a través dunha linguaxe contemporánea multidisciplinar, formalízase no que chamamos “documental escénico”: a construción en directo dunha película documental sobre o escenario. 

A produción "Balor, na acción unha cadeira" é o cumio dun proceso de investigación sobre as formas documentais e ficcionais nos campos creativos contemporáneos.

Despois de varios anos de procura das pegadas diluidas dos seus antergos en New York a principios do século XX, Roi Fernández foi recompoñendo un puzzle que sobrepasa o persoal para instalarse no plano da intrahistoria. Instantes que Roi reconstrúe a través de derivas, entrevistas, hipóteses e multiversos. Un proceso cuántico de recuperación da memoria.A obra funciona como unha composición fílmica a tempo real.

SINOPSE

 

É un documental escénico, que conta a vida de tres emigrantes no Nova York dos anos 20, que viaxaron por necesidades económicas  e regresaron para construir escolas de Educación Libre en Galicia, contrapostos a tres emigrantes contemporáneos no Nova York da actualidade. O Amor, a traizón, os soños e os ciumes acompañarán esta viaxe entre ás dúas beiras do mar Atlántico, amosando as diferencias e similitudes dun século.

 "Un teatro rebordante de realidade"

  Revista Erregeté

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficha Artística

Dirección e dramaturxia / Roi Fernández

Reparto /  Laura villaverde, Roi Fernández​​, Simón Piñon, Gustavo Fouce.

Control técnico en directo /Héctor Pazos .

Coreografía / Laura Villaverde

Escenografía / ArtesaCía

Iluminación / Héctor Pazos
Vestuario / Erica Ubiña 

Produción/ Laura Villaverde

Videocreación / Roi Fernández

Cinema en directo / Roi Fernández

Espazo sonoro / Nacho Muñoz

Música ao vivo / Simón Piñon e Gustavo Fouce.

Colaboran / AGADIC, Xunta de Galicia, Teatro Col
ón

Residencias

O proxecto de ArtesaCía ‘ Balor na acción dunha cadeira‘ formou parte do programa de Residencias Técnicas, dentro da liña de apoio á creación do Teatro Colón.

Estrea

 

Teatro Colón da Coruña, venres, 6 de febreiro de 2015

Xira 

Web

 

 

Redes Sociales

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
bottom of page