Artesa Cía Transmedia
Compañía escénica de creación contemporánea.
Artesa Cía fundouse no 2010 en NYC. Hoxe afincada en Galicia (Tui). Artesa Cía desenvolve unha linguaxe propia baseada na plástica, no cine, na hibridación de disciplinas e na investigación escénica.
A compañía está formada polos seus fundadores Laura Villaverde, actriz e creadora escénica, e Roi Fernández, artista multimedia. Pero tamén por Héctor Pazos (músico e iluminador) e Susana Méndez (técnica multimedia), que forman parte da equipa fixa da compañía.
A compañía funciona con equipas de traballo abertas para crear a posibilidade de proxectos nutridos por colaboracións; locais, nacionais e internacionais. Sempre na busca de material inédito para as súas obras escénicas.
Artesa Cía procura comezar os procesos a través de residencias artísticas e nutríndose continuamente da interdisciplinariedade das súas equipas, dotando ós proxecto da súa característica multidisciplinar.
A compañía ten un amplo currículo no marco escénico e artístico en xeral, participando no Festival internacional de teatro de Ourense ( FITO), no Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT Carballo, Festival de teatro Galego de Carballiño FETEGA, Festival Ibérico de Arte e Acción OCUPAI, Portugal, The Kitchen ( NYC, USA), the Dance Theatre Workshop ( NYC, USA), Encontro de Teatristas Experimentais Iberoamericanos en San Juan (Porto Rico), Festival 3ª InterLatin en Zipaquirá (Colombia) Catedral de Sal, Festival "Festa das Artesa Escénicas de Medellín", 41 Festival Internacional da Cultura de Tunja, Teatro Cadiz de Bogotá (Colombia).
Artesa Cía foi a primeira compañía en formar parte do programa de Residencias Técnicas, dentro da liña de apoio á creación do Teatro Colón, e do Teatro Rosalía de Castro, tamén do Teatro Municipal de Tui en dúas ocasións. En 2018 e 2021 foi seleccionada con dúas Residencia Paraíso do colectivo RPM. Conta cunha residencia artística na Fundación Luís Seoane da Coruña, e no espazo A NORMAL . O seu último espectáculo foi seleccionado para a rede de salas alternativas de españa.
Os seus proxectos creativos contan co apoio de AGADIC, INCE, XUNTA DE GALICIA, A FURA DELS BAUS FUNDACIÓN EPICA e CONCELLO DE TUI.
No ámbito pedagóxico, impartiron multitude de cursos nacionais e internacionais, tanto en institucións artísticas privadas como universidades estatais. Crearon e coordinaron relevantes encontros escénicos como o 1 er Encontro de Novos Creadores Escénicos TRANSCÉNICA na Coruña 2015.
POR QUE É TRANSMEDIA?
Porque os seus proxectos escénicos despréganse a través de múltiples medios tecnolóxicos e ferramentas narrativas.
COMO É O PROCESO CREATIVO?
Cada proxecto e equipa é diferente, polo que cada produción conta cunha metodoloxía que se adecúe ás persoas, ó material a mover e ás circunstancias, pero sempre dende a súa filosofía dunha creación horizontal.